SOMOS Socialismo elabora un documento que recollerá as súas propostas

SOMOS Socialismo inicia a elaboración dun documento que recollerá as ideas forza que defende cara o proceso de selección da nova dirección nacional

Cara o fin de semana, se hai un acordo moi maioritario, anunciarase o apoio a unha candidatura


Despois de escoitar a todos os precandidatos nos foros abertos celebrados no Hotel Balneario de Mondariz os membros de SOMOS Socialismo comezarán a rolda de contactos nas agrupacións locais para avaliar a situación actual do partido e as propostas dos precandidatos que optan á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE.

O primeiro paso a desenrolar será unha serie de ideas, de propostas para mellorar o funcionamento interno do partido e a súa conexión coa sociedade. Ao longo desta semana este documento aberto, construído coas aportacións dos militantes de moitas agrupacións, farase público para que sexa coñecido e debatido por todo o partido.

É intención tamén dos membros de SOMOS Socialismo de, chegado o caso e se hai un acordo moi maioritario, anunciar o apoio, como foro, a unha das candidaturas a secretaría xeral do PSdeG-PSOE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario