Éxito do foro de SOMOS Socialismo

SOMOS Socialismo celebrou o seu terceiro encontro con precandidatos á secretaría xeral do PSdeG-PSOE recibindo a Xosé Ramón Besteiro, presidente da Deputación de Lugo.

160 afiliados do PSdeG_PSOE dunhas 40 agrupacións debatiron con Besteiro desde ás oito da tarde ata pasadas as once.
SOMOS Socialismo celebrou onte, 10 de xullo, o seu terceiro encontro na rolda de foros con precandidatos á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE recibindo a Xosé Ramón Besteiro, presidenta da Deputación de Lugo. Éxito rotundo do foro de SOMOS Socialismo cunha asistencia de 160 afiliados dunhas 40 agrupacións, mais do 60% da provincia de Pontevedra.
Despois do primeiro encontro co candidato as oito da tarde, cun café, pasouse ao foro propiamente dito. O debate, moderado por Miguel García Corral, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Mondariz Balneario e membro de SOMOS Socialismo, comenzou cunha intervención de Xosé Ramón Besteiro dunha media hora, na que fixo fincapé na necesidade da unión do partido e a necesidade de recuperar o contacto coa sociedade.
A intervención deu paso a un debate moi activo, encendido, con mais de 20 preguntas. A posición fronte as incompatibilidades foi unha das primeiras, “estou a favor dunha muller, un home, un cargo; non sei de naide que non opine así, e hai que solucionalo”, explicou Besteiro.
O presidente da Deputación de Lugo escoitou tamén varias intervencións a favor de “recuperar a vida real do partido”, de, “deixar de oír o mesmo discurso que soa ben pero que non cambia nada”. Besteiro reafirmou a súa vontade de cambiar o partido, de ter en conta as ideas de todos e de “buscar consensos; non podemos construír indo en contra de ninguén”.
A súa opinión sobre as deputacións: “Estou aberto a varias solucións, pero témolas que tomar entre todos”. Ante a pregunta sobre o peso das agrupacións pequenas e o apoio ás mesmas Xosé Ramón Besteiro mostrouse favorable a apoiar o traballo nas pequenas agrupacións, nos concellos, pero “tendo en conta que cada militante ten que pesar o mesmo este na agrupación que este”.
Besteiro afirmou que “hai que revisar o feito de que un deputado de Lugo custe 25.000 votos mais ou menos e un de Coruña ou Pontevedra case o dobre”. Feijoo quere reducir o tamaño do Parlamento, “pero soamente se fixa no seu proveito”. Noutro momento do debate afirmou que: “Un imputado non debe dimitir; eu creo na presunción de inocencia, é un dereito constitucional que debe ser respectado sempre. Outra cousa é que este acusado”.
Ata o de agora pasaron polo foro de SOMOS Socialismo os tres precandidatos que deron un paso adiante. Un total de case 300 afiliados e simpatizantes, e unhas 50 preguntas, fan dos encontros de SOMOS Socialismo un éxito. O grupo aberto seguirá os encontros se algún precandidato aparece en escena, sempre a prol dunha maior democracia interna e buscando o melloramento do partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario