SOMOS Socialismo celebrou o seu primeiro foro con candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE recibindo a Manel Vazquez, alcalde da Illa.
Éxito na primeria convocatoria do foro, entorno a 50 militantes dunhas 20 agrupacións.
Debate moi activo, mais dunha hora e media de preguntas e intervencións.
O foro organizado pola agrupación de Mondariz Balneairo e SOMOS Socialismo resultou un éxito. 50 militantes de agrupacións de Pontevedra, sobre todo do sur, acudiron ó Hotel Balneario para escoitar e debatir con Manel Vázquez o seu proxecto para o partido. Despois da presentación de Miguel García Corral, secretario xeral local, Vázquez explicou algunhas das súas propostas. “Desaparición das Diputacións, o goberno de Feijoo quere aforrar 5 millóns eliminando 14 parlamentarios; eliminar soamente a Diputación de Pontevedra aforraría 100 millóns de euros”, argumentou o alcalde da Illa. Con respecto á economía o candidato mostrouse contrario a facer do control do déficit a máxima prioridade: “fai 14 anos tíñamos unha débeda do 150% do presuposto, hoxe é soamente do 35%; temos superávit, tivemos un remanente de mais de 300.000 euros o ano pasado, e as novas leises do Partido Popular nos impiden trasladar esos cartos á cidadanía e ás empresas do noso Concello para axudar á súa financiación. Soamente puidemos trasladar 120.000 euros”.
Despois da súa intervención comenzaron as preguntas e o debate. Durante mais de hora e media afiliados de todas as agrupacións lle trasladaron ó candidato a preocupación pola falta de respostas do partido as necesidades dos afiliados e das agrupacións. “Eu chamo a Pontevedra ou a Santiago pedindo axuda par un tema e todavía estou esperando”, sinalaba o portavoz municipal dun concello do sur de Pontevedra. “E imprescindible que o partido recupere o seu carácter municipalista. Si algo é o partido socialista é municipalista, ese é o primeiro eixo do meu proxecto”, respostou Vázquez, que añadeu que “será necesario recuperar a estructura comarcal, porque a provincial non esta funcionando”.
A secretaria xeral doutra agrupación fixo un alegato pola recuperación da vida do partido. “Antes había reunións, nos axudábamos entre todos, nos respetaban en todos os sitios. Hoxe non é así”. Manel Vázquez mostrouse moi dacordo, “eu, e outros 20 alcaldes de Pontevedra, xa loitamos por iso fai anos. Teño axudado ós meus compañeiros doutras agrupacións a facer plans, a levar a cabo proxectos... tes moita razón; hoxe o partido non é o que era fai 10 ou 20 anos”.
O foro aberto que organiza SOMOS Socialismo continuará os contactos cos candidatos as próximas semanas con Ivan Puentes e Xosé Ramón Besteiro.
Síguenos en Facebook: http://www.facebook. com/SOMOSSocialismo
![]()
![]()
Próximamente na web: http://somossocialismo. blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario