Iván Puentes no foro de SOMOS Socialismo

SOMOS Socialismo celebrou un encontro con Iván Puentes, exalcalde de Fene e voceiro de Novo Socialismo galego.
Máis de duas horas e media de preguntas e intervencións no Hotel Balneario de Mondariz.
Incrementouse a participación con respecto a anteriores citas.
SOMOS Socialismo celebrou onte, 3 de xullo, un encontro con Iván Puentes, exalcalde de Fene e voceiro e Novo Socialismo galego. Uns 60 asistentes de 25 agrupacións escoitaron as ideas de Puentes e do grupo que representa sobre cómo debe funcionar o partido e a súa visión sobre a situación política actual. O foro, celebrado no Hotel Balneairo de Mondariz foi un completo éxito con moitas intervencións dos asistentes.
O debate, moderado por Miguel García Corral, membro de SOMOS Socialismo e secretario xeral da agrupación de Mondariz Balneario, puxo sobre a mesa moitas das inquedanzas dos militantes do PSdeG: “¿Cal é a túa posición sobre as incompatibilidades?”, preguntou un afiliado de Vigo. Iván Puentes respondeu que se deben de cumprir os estatutos, que xa fai moito tempo impiden a acumulación de cargos, pero que “o primeiro sería sempre sentarse a falar e intentar solucionar co diálogo este tipo de situación”.
Puentes comentou a súa preocupación pola desconexión da actual dirección do partido coas preocupacións dos militantes e dos cidadáns: “Nos últimos anos non escoitamos aos nosos dirixentes falar moi pouco de economía, dos problemas das preferentes; estamos desconectados da sociedade”. Preguntado por a maneira de facer as listas e por as decisións das direccións de deixar fora a candidatos votados pola inmensa maioría dos afiliados o exalcalde de Fene defendeu un sistema no que “as direccións elixan a unha parte da lista, por exemplo un 30 por cento e os afiliados ó resto”. Engadiu que “as listas abertas, a posibilidade dos electores de decidir por uns ou outros candidatos, axudará a acercar a política e aos políticos á sociedade”.
“Cando o partido mantívose na esquerda gañou as eleccións”, comentou Puentes, referíndose ás eleccións do 82 ao 93 e as primeiras de Zapatero. “Non fai falla que o partido vire á esquerda, o que necesitamos e escoitar aos militantes, escotar a nosa base. Nós somos de esquerdas, cando os nosos dirixentes abandonan as políticas de esquerdas perdemos o apoio dos cidadáns”.
Ante á pregunta dun secretario xeral de si manter as estruturas provinciais ou cambiar a comarcais Puentes respondeu “é unha cuestión a estudar, a provincia ten lóxica porque a circunscrición electoral, mentres non cambie, é a provincia; pero é verdade que non ten nada que ver os problemas dunha cidade cos dun concello pequeno; quizá un sistema intermedio, debemos estudalo”. Do que non ten dúbida e da “inmediata desaparición das Deputacións. Moven case 11.000 millóns de euros en España; deberíamos de transferilos directamente aos concellos e aforrar todo o aparato e evitar caciquismos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario