SOMOS Socialismo apoia a candidatura de Xosé Ramón Besteiro á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE

SOMOS Socialismo escoitou a todos os precandidatos nos foros abertos celebrados en Mondariz Balneario nas pasadas semanas. Mais de 300 asistentes de mais de 40 agrupacións. Mais de 50 preguntas que foron a base do documento elaborado durante esta semana polo grupo e que foi trasladado aos precandidatos. Este documento, estas Ideas para sumar, foi trasladado a todos os precandidatos nos últimos días.

SOMOS Socialismo, despois dun proceso de consultas entre os seus membros e os compañeiros das agrupacións, apoiará a Xosé Ramón Besteiro para que acade a Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE. SOMOS Socialismo cree que se abre unha nova etapa. Unha etapa ilusionante, na que Besteiro poderá facer os cambios que o partido necesita para volver a ter a confianza da sociedade.

Xosé Ramón Besteiro mostrouse moi receptivo co documento Ideas para sumar. SOMOS Socialismo o considera unha ferramenta, unha base sobre a que debater e traballar. A transparencia, a conexión dos políticos coa cidadanía, o control da xestión, son líneas de actuación fundamentais nas que o candidato móstrase totalmente dacordo.

SOMOS Socialismo agradece a Manel Vázquez e Iván Puentes o seu paso polo foro e a boa recepción as nosas ideas. Agradece ao Hotel Balneario de Mondariz a súa disposición para acoller estas sesións, a agrupación de Mondariz Balneario polo seu traballo, e a toda a militancia que asistiu. Unha das mellores consecuencias de estes traballos foi a recuperación da ilusión por parte de moitos militantes, “facía tempo que non vía tantos compañeiros xuntos, falando e discutindo sobre como mellorar o partido, estou moi contenta”, comentou unha militante ao final dun dos foros.

SOMOS Socialismo sinte que se abre unha etapa moi ilusionante. Se lle da a voz a toda a militancia para que decida a nova secretaría xeral. A partir do Congreso de setembro o PSdeG-PSOE recuperará a confianza dos militantes, dos simpatizantes e a da sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario